Montañismo e senderismo en Galicia
jueves, 28 de enero de 2021
miércoles, 2 de septiembre de 2020
MONTAÑAS GALAICAS, SUBIDA A PENA RUBIA (1822 m), O PEQUENO CERVINO GALEGO.
jueves, 13 de agosto de 2020
Ascenso o Pico da Nevosa (1546 m), teito do Gerês/Xurés
Ruta de montaña que comeza dende a parroquia de San Paio de Araúxo, no concello de Lobios (A Baixa Limia ou Querquenia). Esta ruta ten uns 20 km de distanza onde ascenderemos dende San Paio ate o o cumio do Alto da Nevosa, uns 850 m. Esta ruta esta sinalizada ate a Chivana da Pedreira (que eran antigos chozos de pedra dos pastores), logo, xa na montaña pura e dura, atopase sen sinalización e nun entorno bastantes salvaxe e inhóspito.
Primeiro saio de San Paio cara o paso do Rego da Pala, unha ruta tranquila onde o primeiro kilómetro é de formigón, para logo pasar a un camiño en bo estado. Pouco a pouco nos imos metendo no profundo val do rego, onde o cruzaremos por un pontillón de formigón, vendo o fondo do val os primeiros cumios que pasan os 1000 m, e a zona alta chamada Prado Seco. Na outra ribeira un pequeno espazo recreativo con mesas e fonte. Se fas esta ruta como no caso, en verán, e levas pouca auga, polas altas temperaturas na zona, recomendo neste punto coller auga.
Comexamos a ascender agora o val pola outra vertente, ate chegar a unha chaira de altura, na cal iremos pouco a pouco gañando altitude ate chegar a Chivana da Pedreira. Neste punto a paisaxe se abre, é entre vexetación baixa seca e muita pedra granítica, podemos comezar a ver no alto algúns dos principais cumios da ruta.
O chegar o antigo refuxio de pastores da Chivana do Pedroso, con muros para protexerse na noite dos lobos e alimañas, remata a parte sinalizada. A partir de agora, nunha paisaxe que pouco a pouco farase semellante a un entorno luar de pedra branca, e importante ter boa orientación e seguir sempre os sendeiros e mesmo pasos de gando cara os cumios principais.
Sigo ascendendo con pouco desnivel por un carreiro que por momentos desaparece, pero grazas a boa visibilidade e levar o mapa topográfico no mobil, me vou orientando. Chegase así o lado dun curuto pedroso que sobresae no terreo, e del descendese a un pequeno val tras súa goleta ou collado, o cal cun curto descenso cruzase o pequeno río por outro pontillón de formigón. Estamos na zona coñecida como Curral do Bispo.
A partir de aquí, comeza o desnivel de verdade, polo que eu persoalmente, baixo un forte sol, decido parar a almorzar algo, repoñerme e refrescarme no rego, para así estar con boas forzas para o ascenso de verdade que ven agora.
Volto a porme en marcha, agora case sen vexetación a visión é millor, e comeza a verse o mar de pedra, o cal descansa solitario e maxestuoso. Co Alto da Nevosa, que é irmá do Pico Nevosa (este atopase detrás) xa ben localizado e a vista, vou atallando no ascenso entre penedos e empinados outeiros de pedra, cunha fermosa vista do val do Limia as miñas costas.
Xa en altura, se comeza a ver a vertente portuguesa, coas goletas ou collados inda verdes pese estar case en agosto. Chego así o Alto da Nevosa, a 1522 m, punto máis alto do lada galego a uns metros só da raia con Portugal.Xunto a grande mole pedrosa que impresiona, un verde e pequeno prado de altura onde nacen pequenas veas de auga, que alimentaran os regatos máis abaixo. Dicir que dende aquí pese estar o lado, inda non se ve o Pico da Nevosa, senón que diante ten un outeiro no cal se atopa o marco da fronteira. Subidos agora a este outeiro, si podemos ver do lado portugués (só a uns metros do galego) con todo seu explendor, o teito destas montañas e o segundo máis alto da Portugal continental, o Pico da Nevosa.
O pico e outra molo de pedra maxestuosa que se eleva dende a base uns 50 metros. De seguro polo pouco transito de montañeiros nesta época do ano, un duda por onde ascendelo, ate pensa que ten que trepar, pero o certo é que só há que seguir ese corte natural que ten no medio, e unha vez arriba, cunha sinxela trepada, xa che deixa no seu pequeno e alpino cumio.
Dicir que eu, sen saber isto de inicio, o subo polo lado sur, muito máis complicado e comprometido, pois o final ten un pase que sen unha mínima experienza en escalada, pode ser moi perigoso pois é moi exposto o vacío.
Unha vez que un, inda que sexa en solitario, alcanza un grande cumio, se lle esquece todas as penas e fatigas da subida, e iso exactamente foi o que pasoume o tocar o pequeno teito en forma de cresta erosionada da Nevosa. Un cumio moi vertixinoso e pequeniño, aéreo e alpino, dende el, unha incrible vista de aguía sobre todo o sur occidental ourensán e norte portugués, cun entorno abrupto cunha paisaxe que fai a un pensar que esta na Lúa. Sobre esta paisaxe, comezo a identificar outros cumios, serras, lagos, vales e muito máis, así vos mostro a vista do Pico da Nevosa, a 1549 m.
O que se pode asegurar, e que cando un comeza o descenso, e se fixa máis na paisaxe e entorno, dalle a impresión de que o Gerês ou Xurés, e muito máis amplo e afastado do que pensaba, ate semella unha terra de ninguén.
Na volta indo ben de tempo, e cunha pequena brisa que comezaba a entrar, decido improvisar ruta por outra vertente. Por momentos que a paisaxe se cerra máis na vexetación, me sinto perdido, pero así que consigo voltar coller altura sobre algún penedo ou similar, me volto atopar. Neste descenso, sigo atopando mostras do salvaxe e bravo que é este lugar.
Prosigo o descenso ate chegar a un camiño principal, que me leva a fonte e arboleda recreaticva da cal falaba o inicio, antes de cruzar o primeiro pontillón, xa teño San Paio a tiro de pedras. Tras unhas 9 horas de aventura, muito calor e sensacións no lugar que un se as garda para si, me refresco, descanso e merendo ocaron dunha pequeliar fonte sacada sobre un vello carballo.
Espero que coa descripción e fotos, vos poida servir se decidides facer esta dura ruta, pois recordade que aquí, a orientación e ir preparado e moi importante. Saudiños e ate a próxima aventura!
viernes, 17 de julio de 2020
martes, 14 de julio de 2020
Ruta do kilómetro vertical de Penaboa-Pía Páxaro (O Courel)
Os nosos compañeiros o meigo do tea e Tiago realizaron un percorrido fantástico na subida pola ruta vertical o Penaboa (1457) e o Pía Páxaro (1613) na fermosísima e máxica serra do Courel aínda co día era un pouco pechado polas néboas e pérdense a fantásticas vistas nos destinhe o percorrido tan galaico solitario e fermoso da meiga serra do Courel compartimo-lo vídeo pra disfrute de tódolos que soñan coas solitarias e máxicas cumes da Galiza.
Vos deixamos algunhas imaxes e o vídeo que temos na hemeroteca.
-
Subida pola ruta vertical o Penaboa (1457 m) e Pía Páxaro (1613 m) na Serra do Courel, realizada o 9 de outubro do ano 2018. Os nosos comp...
-
Desta vez fago o ascenso a un cumio moi simbólico na montaña galega, no último grande cumio da parte sur da Serra dos Ancares, o Pena...
-
Ruta de montaña que comeza dende a parroquia de San Paio de Araúxo, no concello de Lobios (A Baixa Limia ou Querquenia). Esta ruta ten uns 2...